Nas instalacións da nosa estación de servizo en Ramirás poderás atopar o noso bar tapería O Surtidor, todo un referente na zona, xa que ofrecemos un menú do máis completo e económico, por tan só 15 €.
Ademais, se así nolo solicitan os nosos clientes, podemos facer menús personalizados e especiais por encarga, para os que podes contactar con nós por máis información. Ofrecemos todo tipo de comida caseira e poderás escoller entre tapas variadas, pinchos, pratos combinados ou bocadillos, entre outras opcións. Visítanos e proba a nosa carta!